
Por unha banda a primeira Green ICT Hackathon (maratón de desenvolvemento de aplicacións green TIC que se vai celebrar os días 28 e 29 de febreiro en Barcelona) e máis a segunda edición do certame Green ICT Application Challenge, ao que poderemos ir presentando ideas para impulsar o emprego sustentable da enerxía, dende este intre e ata o 13 de abril.
O obxectivo da ITU ao promover nestas iniciativas é, contribuír, á súa vez, ao seu obxectivo de minimizar o impacto das novas tecnoloxías no medio ambiente. “A enerxía sustentable para todos”, sinala o secretario xeral da ITU, Hamadoun Touré, “é clave para o futuro da civilización moderna, e o noso organismo comprometeuse a descubrir aplicacións das TIC baseadas nos novos métodos de pensar, ideas axeitadas para o cambio que precisamos conseguir para lograr un futuro sustentable”. Volvendo aos certames en cuestión, sinalar que Green ICT Hackathon coincidirá co Mobile World Congress e ao seu abeiro os desenvolvedores de todo o mundo compitan na creación dunha ferramenta TIC que teña, como razón de ser, a enerxía sustentable. Preséntase como maratón de desenvolvemento de programas, con data para a comunicación dos gañadores fixada o 29 de febreiro, e premios, para os dous primeiros clasificados, de 3.000 e 2.000 euros.
Pola súa parte, o Green ICT Application Challenge, é un concurso no que deberemos presentar un proxecto para a creación dunha solución que aposte claramente pola enerxía sustentable. Os participantes deberán achegar os seus proxectos entre o 1 de febreiro e o 13 de abril. O gañador recibirá 3.000 dólares nun acto de clausura que se celebrará na Conferencia da ONU sobre o Desenvolvemento Sostible, en Rio de Janeiro, en xuño de 2012.
Telefónica e a ITU organizan dous certames para promover a enerxía sustentable nas TIC
Compartir Este Artigo
