Presentación en Barcelona do Windows 8 Consumer PreviewMicrosoft aproveitou o Mobile World Congress de Barcelona para presentar a versión Consumer Preview de Windows 8, que destaca por integrar a interface de usuario Metro (o que permite unha especial optimización do sistema operativo de Microsoft a un control táctil), unha tenda de aplicacións descargables, comunicación entre ordenador e dispositivos móbiles baseada na nube (valéndose de servizos como Skydrive, que facilita ) e mesmo unha versión previa do Internet Explorer 10. O Windows 8 semella unha fusión entre os actuais Windows 7 e Windows Phone 7.5, sumando vantaxes de contornos móbiles e fixos, e procurando seguir o camiño do éxito que Microsoft conseguiu coa consola Xbox 360 (que tamén incorporou a interface Metro recentemente). O sistema funciona sen problema mediante control táctil ou rato, sen esquecer a interface de usuario tradicional de Windows (coñecida como modo escritorio, que comportaríase como unha aplicación máis do sistema). O novo sistema operativo fai uso da interface MetroOs usuarios que queiran probar en primeira persoa o Windows 8 Consumer Preview poden descargar a súa imaxe ISO de balde en inglés, chinés, francés, alemán e xaponés sempre que conte cun equipo cun procesador de 1 GHz ou máis, un mínimo de 1 Gb de RAM (na versión de 32 bits) ou 2 Gb (para a versión de 64 bits), 16 Gb de disco duro libre (32 bits) ou 20 Gb de disco libre (64 bits) e gráfica compatible con DirectX 9 ou superior. Para acceder á Windows Store será preciso contar con acceso á Rede é unha pantalla cunha resolución mínima de 1.024 x 768 e para acoplar aplicacións a resolución de pantalla mínima será de 1.366 x 768 píxeles. Entre as novas prestacións de Windows 8 Consumer Preview está o servizo Xbox LIVE, que inclúe xogos, vídeo, música e as aplicacións propias de Xbox. Lembramos que esta versión previa de Windows 8 non é un produto rematado, polo que non se considera o seu uso máis aló da súa avaliación, pois presenta problemas con hardware, comunicacións en rede e numerosas aplicacións (entre as que figura o software de seguridade informática).