
Resulta rechamante ver como aparece denunciada SeriesPepito, un dos clons de SeriesYonis, mentres que a páxina matriz líbrase da Comisión, ao parecer, por ter un proceso xudicial pendente. Nas últimas semanas SeriesYonkis está a replicar os seus contidos en distintas páxinas web como SeriesCoco e SeriesKiwi, no que parece un xeito de eludir a Lei Sinde-Wert e pór a proba a polémica Comisión de Propiedade Intelectual.
Tamén resulta rechamante que presentasen denuncia contra EliteTorrent, pois a páxina xa fora denunciada por outras vías e incluso protagonizou un polémico incidente por mor do rexistro de domicilios sen orde xudicial.
Desvelan algunhas das páxinas web denunciadas pola Lei Sinde-Wert
Compartir Este Artigo
