O operadores móbiles virtuais (OMV) non só empregan prezos agresivos para atraer aos clientes, senón que nalgún opta por dar servizos adicionais que en moitas ocasións resultan moi ben recibidos, como vén de facer Pepephone ao estrear unha aplicación para iPhone que permite aos clientes da compañía un acceso seguro á información sobre calquera das súas liñas, ver o seu consumo resumido e actualizado en tempo real para chamadas e mensaxes de texto, consultar o detalle do consumo de chamadas e SMS agregado por tipo de chamadas e gráfico de consumo diario seleccionables por mes, comprobar o detalle de chamadas agrupado por día vinculado coa axenda do terminal, consultar o consumo resumido e actualizado en tempo real do consumo de Internet, comprobar o detalle de consumo da Internet, ver os datos asociados a cada liña (titular, tarifas contratadas, conta bancaria asociada…), ver o saldo de puntos acumulados para voar con Air Europa… e mesmo ver os titulares das novas destacadas de Pepephone e contactar co servizo de atención ao cliente de Pepephone.
Nos últimos días a compañía tamén estreou unha aplicación móbil semellante para terminais con Android, de xeito que cada vez pon máis doado aos seus clientes a consulta do seu consumo e outras informacións das súas liñas.
Pepephone estrea aplicación para iPhone
Compartir Este Artigo

