O pasado verán presentouse oficialmente o novo deseño da páxina web da Compañía da Radio Televisión de Galicia nun evento no que actuou en directo a rapeira viguesa Aíd, estreando o tema musical creado para a campaña de comunicación ca CRTVG, Apréndeo, que pode descargarse de balde en formato MP3 dende a páxina web da CRTVG e que está a ter bastante éxito na Internet, especialmente en YouTube, onde superou as 100.000 reproducións.
O vídeo musical de Aíd está a rexistrar máis de 2.000 reproducións ao día, e aínda que leva dende novembro en YouTube, o seu volume de visitas despuntou tras a incorporación de subtítulos en español, galego e inglés ao vídeo que xa non destaca só en Galicia, senón que funciona a nivel español e latinoamericano (especialmente en México).
Vídeo musical de Aíd para o tema Apréndeo empregado na campaña da CRTVG Servizo público, a calquera hora
O vídeo musical da campaña de promoción da CRTVG supera as 100.000 reproducións en YouTube
Compartir Este Artigo
