
O 27 de abril será a data oficial na que poderán mercarse estes lectores de libros electrónicos en España, vendéndose o Kindle Touch a un prezo de 129 euros, mentres que o Kindle Touch 3G terá un prezo de 189 euros, destacando estes dispositivos por ter un manexo máis doado e intuitivo que o lector básico.
O Kindle Touch 3G destaca por contar, aparte de con conexión Wi-Fi, con conectividade 3G, de xeito que os usuarios deste trebello poderán mercar libros electrónicos a través de Amazon aínda sen contar con conexión á Internet na casa, pois a descarga dos textos realízase a través de banda larga móbil, facéndose a compañía cargo dos custos desta conectividade.
Polo momento descoñécese cando continuará a ampliación desta familia de dispositivos, dos que aínda faltan o Kindle DX (que coa súa pantalla de 9,7 polgadas busca unha maior idoneidade para a lectura de prensa) e o Kindle Fire (tablet que nos EE.UU. parece ser o único grande competidor do iPad).
O Kindle Touch chegará a España a finais de abril
Compartir Este Artigo
