Os usuarios que pasan moitas horas diante do seu ordenador, teñen agora un novo xeito de xestionar a súa telefonía móbil se contan cun terminal co sistema operativo Android grazas ao servizo Phonedeck, que a través dunha aplicación móbil e unha extensión para o navegador web permite recibir e remitir mensaxe de texto vía web, así como realizar, contestar ou rexeitar chamadas dende a pantalla do ordenador, o que pode resultar práctico, especialmente para seguir a actividade das comunicacións e poder ter incluso estatísticas das mesmas.
Esta solución está baseada na nube, o que facilita tamén o gardar unha copia dos nosos contactos telefónicos na Rede ou a sincronización dos contactos con LinkedIn (máis adiante pretenden facer o propio con Facebook e Twitter); e tamén axuda a localizar o móbil cando o perdamos (podemos facer que reproduza unha alerta sonora) e amosa o seu nivel de carga vía web (para que non esquezamos cargalo). Toda unha serie de funcionalidades que poden gozarse de balde (aínda que cunha interface en inglés) que están dirixidas a un grupo de usuarios moi concretos que durante o seu traballo no PC evitan así atender a outra pantalla, tendo que coller só o móbil nos momentos nos que haxa que falar (pois nin sequera terán que tocalo para marcar os números aos que chamar).
Explicación en vídeo das posibilidades de Phonedeck
Phonedeck facilita o control de móbiles Android dende o navegador web
Compartir Este Artigo

