
A posta en marcha deste portal, ao que nas vindeiras semanas se sumarán novos establecementos, enmárcase na aposta estratéxica do departamento que dirixe Javier Guerra pola dinamización e modernización do comercio de proximidade, incluída no Plan Ágora- Agora Re-Comercia, onde se plasma a estratexia comercial da Xunta.
Esta nova plataforma que acaba de botar a andar permite que os establecementos combinen a súa actividade comercial tradicional coa venda a través da Internet, podendo abrirse a novos mercados, conseguir novos clientes e ofrecer novos e mellores servizos a todas as persoas que xa confían neles no día a día.
Cun deseño atractivo e sinxelo, o novo portal ofrece servizos de envío e de pago unificados, así como vantaxes como a venda por lotes. Ademais, os usuarios, que poden adquirir con total garantía artigos de alimentación, téxtil, deportes, electrónica, electrodomésticos ou decoración, poden mercar en distintos comercios cunha soa transacción económica.
Todos os comerciantes que se sumen á plataforma comerciogalicia.es, que foi presentada pola Consellería de Economía e Industria e a Federación Galega de Comercio nunha ducia de localidades nas últimas semanas, recibirán asesoramento e formación para poder xestionar eles mesmos este novo espazo para a venda, dispoñible 24 horas ao día e en todo o territorio nacional.
Comerciogalego.es facilita a venda pola Rede ao comercio tradicional
Compartir Este Artigo
