
Tramiel naceu en Polonia en 1928, sobreviviu ao campo de concentración de Auschwitz e emigrou a EE.UU: en 1947, onde foi todo un exemplo de emprendedor, partindo dunha empresa de reparación de máquinas de escribir, que foron converténdose en calculadoras e, finalmente, en ordenadores, creando Commodore Internacional en 1982, compañía que poría no mercado o Commodore 64, un dos equipos informáticos máis representativos da década dos 80. En 1984 deixou a compañía e adquiriu a división de consumo de Atari Inc. para formar a Atari Corporation, compañía dende a que chegaría a competir co Commodore Amiga con equipos como o Atari ST, e tamén comercializaría distintas consolas de videoxogos domésticas (e incluso a portátil Atari Lynx).
Falece o fundador de Commodore
Compartir Este Artigo
