O diario económico Nikkei publicou que Sony vai prescindir duns 10.000 traballadores (o 6% do seu cadro de persoal) antes de rematar o ano, dos que a metade corresponderían a traballadores xaponeses, o que só sería unha das medidas da compañía para adaptarse ás importantes perdas da súa área de televisores, e que incluirían solicitar a 7 dos principais directivos da empresa a devolución dos incentivos recibidos. Estas informacións, pese a non ser oficiais, parecen non ser máis que o anticipo do que agarda á compañía nipona, que vén de anunciar que pecharán o ano fiscal de 2011 cunhas perdas netas record de 6.400 millóns de dólares.
Estes resultados serían consecuencia da conxuntura económica actual, a caída da demanda de televisores e o crecemento de competidores como Apple, aínda que o director xeral da compañía, Kaz Hirai, confía en que os duros axustes que van a emprender contribúan a revitalización de Sony, para conseguir retornar á senda dos beneficios no vindeiro exercicio fiscal.
Sony pecha o último exercicio fiscal cunhas perdas de 6.400 millóns de dólares
Compartir Este Artigo
