Obxectivo Emprendemento TIC (OETIC) é un novo espazo virtual da Consellaría de Economía e Industria para promover o emprendemento no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación, que busca servir de catálogo de recursos de información, aprendizaxe e apoio para emprendedores, promotores de proxectos e empresarios do sector TIC de Galicia.
Esta nova web estruturase en cinco grandes áreas: Achégate ao sector; Espazo do Emprendedor; Carteira Tecnolóxica, Espazo de Colaboración; e Axenda TIC. En Achégate ao sector, o usuario poderá encontrar enlaces a información sobre indicadores, publicacións, informes e estudos do sector TIC e da área do emprendemento, así como información sobre os diferentes servizos sen custo ofertados por asociacións e entidades TIC aos usuarios do portal.
En Espazo do Emprendedor ofrécense enlaces a información sobre modelos de negocio, guías e manuais de apoio dirixidos aos emprendedores TIC, así como ao espazo de asesoramento da Rede Mentoring, a información sobre posibilidades de financiamento e internacionalización de proxectos e á Biblioteca Práctica de Innovación Aprende a Innovar do IGAPE.
No apartado de Carteira Tecnolóxica, inclúense enlaces a información sobre oferta de servizos TIC e oferta de servizos tecnolóxicos na área das TIC, así como á información sobre aspectos como a vixilancia tecnolóxica, a transferencia de tecnoloxía, e a protección e explotación dos resultados de I+D+i.
En Espazo de colaboración hai enlaces a información sobre a demanda de servizos TIC e tecnolóxicos, así como información sobre tecnoloxías emerxentes, demandas de emprego, normativas, licitacións, concursos, etc. E en Axenda TIC o usuario pode atopar enlaces a información sobre noticias, eventos, posibilidades de formación, redes sociais ou blogs da área das TIC.
Nace OETIC como unha ferramenta en liña para o emprendemento tecnolóxico galego
Compartir Este Artigo
