O 24 de abril de 1880 nacía en Jönköping (Suecia) o inventor Gideon Sunbäck, e para celebrar tal aniversario Google conta hoxe cun divertido doodle no que podemos ver na portada do buscador unha cremalleira interactiva (sobre unha versión bordada do logotipo de Google) que podemos baixar para executar unha busca sobre o sueco responsable de incorporar ás botas o seu enxeño cun mecanismo de dentes metálicos que facilitaba o seu peche e que anos despois pasaría a empregarse en numerosas prendas de roupa ata converterse no substituto dos botóns nos pantalóns en 1937.
Sen dúbida estamos ante un divertido xeito de reivindicar a figura dun inventor e o produto que o levou a pasar a historia.
Google rende homenaxe ao inventor da cremalleira
Compartir Este Artigo

