
Como lembraremos, Gulías faleceu o pasado 28 de xaneiro, aos 41 anos de idade. Gulías, claro referente da formación e a investigación tecnolóxica en Galicia, dirixía o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) e era profesor titular da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, amais de socio fundador de LambdaStream, firma nacida ao abeiro da devandita Universidade.
Gulías tamén destacou polo seu espírito emprendedor, pois xa estaba involucrado nun novo proxecto, Syntheractive, spin-off da UDC que está a desenvolver unha plataforma para crear contidos televisivos 2D e 3D interactivos.
Homenaxe a Víctor Gulías este venres na FIC
Compartir Este Artigo
