LinkedIn, a rede profesional máis empregada na Internet a nivel mundial con 161 millóns de membros, anunciou que vén de adquirir SlideShare, o servizo no que se comparten máis de 9 millóns de presentacións en liña, nunha operación valorada nuns 118,75 millóns de dólares, dos que o 45% sería en efectivo e o resto en accións. A operación completarase durante o segundo trimestre do ano e non suporá ningún cambio para os usuarios de SlideShare, que poderán seguir empregando o YouTube das presentacións para compartir os seus contidos profesionais.
Con esta operación LinkedIn espera contribuír á mellora do seu espazo para profesionais na Rede, de xeito que poderase descubrir contido a través das persoas e viceversa, o que permitirá avanzar na produtividade e no éxito.
A adquisición vista a través dunha presentación en SlideShare
LinkedIn adquire SlideShare por preto de 119 millóns de dólares
Compartir Este Artigo
