Panini Comics, editorial que distribúe en España numerosas coleccións da Marvel e doutras compañías, estrea hoxe Panini Digits, unha plataforma de cómic dixital que conta con presenza en Italia, Francia, Alemaña e España, e que inicialmente conta con títulos como Scarlet de Brian Michael Bendis e Alex Maleev, Criminal e Incognito de Ed Brubaker e Sean Philips, Rage (adaptación do videoxogo dos creadores de DOOM e Quake)… e mesmo estrea a nova liña de comics de Stan Lee para Boom Studios (con StarBorn, The Traveller e Las Crónicas del mundo emergido), que estarán dispoñibles dende a páxina web de Panini Digits ou a través da súa aplicación móbil para iPod Touch, iPhone e iPad (nos dispositivos con Android pode accederse aos contidos vía web).

Os contidos de Panini Digits tamén estará dispoñibles a través da plataforma dixital española Koomic e compartindo a súa filosofía multiplatforma (os contidos adquiridos na web poderán consultarse en dispositivos móbiles e viceversa).
Con esta aposta dende Panini demostran non ser alleos ao mundo editorial actual, quedando aínda moito que avanzar neste ámbito en España, onde continúan a estar ausentes as principais coleccións de banda deseñada.
Panini súmase á distribución dixital de comics
Compartir Este Artigo
