Centro Demostrador TIC de Galicia acolle mañá xoves o obradoiro sobre Aplicacións para smartphones e redes sociais, no que se ofrecerá ás PEME do sector tecnolóxico información sobre o negocio das aplicacións para teléfonos intelixentes e para diferentes redes sociais que operan en Internet. Ao longo do obradoiro trataranse aspectos como as canles de comercialización destas aplicacións, as estratexias de martketing ou as principais ferramentas de desenvolvemento e realizarase un caso práctico.
O obradoiro terá lugar en horario de mañá de 09:00 a 14:00 e horario de tarde de 15:00 a 19:00 e está distribuído en módulos teóricos e un módulo práctico, baseado na elaboración dunha destas aplicacións.
A xornada abrirase cunha charla maxistral do sociólogo Enrique Martínez Marín, quen foi Director tanto do Observatorio das Telecomunicacións e para a Sociedade da Información de Red.es, como do Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación (INTECO),
O resto do obradoiro será impartido polo enxeñeiro Rubén García Magaz, socio da empresa EZEQ Solucións Tecnolóxicas, na que dirixe o departamento de I+D e de comercialización de apliacións para móbiles.
O taller Aplicacións Smartphones e Redes sociais é o segundo dos Talleres dos Ciclos de Tendencias Tecnolóxicas, que se pechará co Cloud Computing o mércores 23 e o xoves 24 de maio.
O obxectivo deste obradoiro é ofrecer ás empresas TIC toda a información necesaria sobre o Cloud Computing desde unha perspectiva no só tecnolóxica, senón tamén como un novo referente de modelo de negocio e desenvolvemento.
Obradoiro sobre aplicacións para smartphones e redes sociais no CDTIC
Compartir Este Artigo
