A pasada noite comezou a distribuírse unha actualización para o sistema operativo dos ordenadores de Apple, que chega así á versión 10.7.4, que chegou con certa urxencia despois de que se detectara un erro no Mac OS X 10.7.3 que almacenaba os contrasinais do sistema sen encriptalos. Aproveitaron para mellorar a compatibilidade con teclados doutros fabricantes, o intercambios de conexións PPPoE, a configuración automática de Proxy, a impresión nunha cola SMB, o rendemento con servidores WebDAV, a compatibilidade con imaxes RAW de cámaras dixitais e en Active Directory; solucionaron problemas de permisos ao utilizar a opción de aplicar aos elementos incluídos, a problemas co uso de servidores SMB e coa opción de ”Volver a abrir las ventanas al entrar de nuevo” (que en certas ocasión aparecía sempre marcada, sen respectar as preferencias do usuario); e tamén habilita o inicio de sesión automático para contas NIS.
Apple actualiza Mac OS X para corrixir un grave problema de seguridade
Compartir Este Artigo
