O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) clausurou esta mañá en Santiago de Compostela as xornadas Administración electrónica, Sede, Goberno e Contratación, organizadas en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e o centro de Estudos Cooperativos da USC.
No acto de clausura, o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, destacou a calidade dos relatorios e a afluencia de público, con 140 inscritos, e indicou que “a Administración electrónica permite non só un avance da propia Administración, senón un maior achegamento e apertura cara á cidadanía”. Afondou nesta idea e indicou que se trata dun verdadeiro medio de comunicación co cidadán, que se converte nunha “canle bidireccional na que se pode solicitar información xeral e persoal, ademais de enviar escritos, suxestións, queixas ou calquera documento electrónico”.
Suárez Lorenzo referiuse tamén na súa intervención ás iniciativas Open Data e RISP, que, ao seu ver, constitúen “elementos xeradores de emprego e riqueza ao abrir a posibilidade de oportunidades de negocio para emprendedores que poden crear novas aplicacións, servizos e produtos en base a esta información“ neste xeito, explicou que o CPEIG fai explícito o seu apoio a estas iniciativas a través da convocatoria do Primeiro Premio Open Data.
O CPEIG cualifica a eAdministración de novo medio de comunicación coa cidadanía
Compartir Este Artigo
