
O premio, engade a asociación, foi entregado durante a Conferencia Anual de Partners organizada por Alfresco e que se celebrou na localidade francesa de Mandelieu La Napoule o pasado 25 de abril. O co-fundador de Queres Tecnologías, Víctor Fariña, representou á empresa galega neste evento, onde amosou a súa satisfacción polos froitos obtidos a través da colaboración con Alfresco: “Gozamos moito traballando durante estes seis anos, e estamos moi contentos de ser premiados por utilizar exitosamente as solucións Alfresco para a xestión do fluxo de facturas desde tablets e móbiles”. Por certo que o traballo que abrolla da colaboración Alfresco-Queres céntrase en boa medida na mobilidade e na computación na nube, en palabras de Víctor Fariña “a seguinte gran revolución do sector TIC”. E engade acerca da natureza deste labor compartido: “Estamos a apostar polo deseño e desenvolvemento de solucións para dispositivos móbiles e tamén os baseados nos servizos cloud, xa que é unha das áreas que pode ofrecer produtos moi atractivos e útiles para as empresas”.
A galega Queres Tecnoloxías obtén o Premio Alfresco á Mellor Solución do 2012
Compartir Este Artigo
