O xigante Google presentou os días pasados un novo servizo web destinado a poñernos no computador unha xanela directa ás marabillas do mundo. A iniciativa chámase Google Wonders Project e encamíñase sobre todo a estudantes, pero con potencial para interesar a quen xa estea de volta de todo. O servizo achega imaxes pero tamén datos, todo canalizado a través dunha pantalla de navegación-globo terráqueo que nos vai dar acceso aos diferentes espazos sen necesidade de que pensemos previamente neles: están á vista de que mova o globo.
Logo de premer no que nos interese teremos a man a interfaz Street View de Google e unha barra lateral con máis información e fotografías complementarias do sitio no que atopemos virtualmente.
A nosa terra, tal e como se nos recorda na Rede, está representada pola Muralla de Lugo e polo centro histórico de Santiago. Do resto do Estado figuran espazos de alto valor patrimonial como o Coliseo de Tarragona ou os xacementos romanos de Mérida.
Google pon en marcha World Wonders Project
Compartir Este Artigo
