
Dende Google aseguran que van continuar a dar soporte á importante base de usuarios de Quickoffice, aínda que é de agardar que as solucións de Quickoffice vaian camiño da integración cos servizos de Google nos vindeiros meses, o que debería ser positivo tanto para os usuarios actuais como para o futuros.
Aínda que dende Quickoffice confirman a súa compra por parte de Google, ningunha das dúas partes dá detalles nin sobre o montante da operación nin sobre a data na que se fará efectiva.
Google faise co desenvolvedor de aplicacións ofimáticas Quickoffice
Compartir Este Artigo
