
Dende a nova páxina web (que asegura coidar a súa accesibilidade) os demandantes de emprego poderán deixar o seu currículo e pasar así a formar parte da bolsa de recrutamento, limitándose a Axencia Local de Colocación a labores de intermediación laboral. A partir dos perfís solicitados polas empresas, a Axencia busca candidatos de acordo a ese perfil, contacta cos potenciais candidatos, analiza as candidaturas, entrega as axeitadas á empresa e fai o seguimento do proceso de selección.
Paula Prado destacou as vantaxes que neste labor de intermediación ofrece a Axencia Local de Colocación ás empresas, polo tratamento personalizado das candidaturas, pola súa bolsa de emprego e pola oferta das súas aulas no CERSIA para procesos de selección e cursos.
O Concello de Santiago facilita a busca de emprego a través da web
Compartir Este Artigo
