
Layar Creator permite así definir vía web contidos interactivos que enriquezan documentos impresos dun xeito tan doado que non precisa de asistencia externa (como acontece normalmente cando unha compañía quere crear unha capa de Layar con información turística ou proxectos semellantes). Chega con cargar na web de Layar versións dixitais (en formato gráfico ou PDF) dos documentos impresos que desexemos facer interactivos, para logo definir as accións que queiramos engadirlle (reproducir un vídeo ou un ficheiro MP3, acceder a unha páxina web, compartir un contido en redes sociais, ver un vídeo de YouTube…) sen precisar da inserción de marcas ou códigos QR.
Dende Código Cero estamos a experimentar con estas posibilidades na nosa edición impresa, e o resultado resulta bastante satisfactorio, tanto pola súa simplicidade como polo seu potencial, que de seguro que vai mellorar en versións sucesivas, e aínda que estamos ante un servizo de balde, Layar pretende facelo Freemium, de xeito que os editores que non paguen terán publicidade nas súas campañas, tendo que pagar 15 euros por cada páxina que use esta tecnoloxía a partir do 1 de agosto.
Presentación en vídeo das novas posibilidades de Layar
Layar leva a realidade aumentada ao papel
Compartir Este Artigo

