
Appvisor nace como unha aplicación para iPhone que facilita a comunicación de consultas a un grupo de expertos que non limita o seu ámbito ao mundo do Dereito, senón que poden corresponder a calquera especialidade, destacando fronte a outras solucións que actualmente podemos atopar na Rede por ser de pagamento e con garantías de profesionailidade e confidencialidade.

Dependendo da extensión das respostas que poden obterse a través de Appvisor establécense unhas tarifas que están entre os 5,99 e os 29,99 euros por consulta, e este pagamento garante unha resposta áxil e profesional, que agradecerán os usuarios que non desexen pasar horas buscando a través de Google atopando respostas pouco fiables ou tendo que expor a súa intimidade en foros.
Pero Appvisor non é só unha aplicación para iOS que ten proxectado o seu salto a Android e mesmo a aplicación web para chegar a máis dispositivos, senón que podemos entendela como un novo modelo de negocio no que os profesionais poden comunicarse con clientes que fagan as súas consultas empregando as TIC e facéndose co 50% do importe das consultas recibidas.
Esta plataforma desenvolvida integramente en Galicia e que xa está dispoñible na App Store está a traballar agora en ampliar o seu catálogo de expertos entre os que esperan que figuren avogados, médicos, asesores fiscais, expertos en empresa, tecnoloxía ou informática, veterinarios… especialistas que terán á súa disposición un novo xeito de ofrecer o seu coñecemento.
Vídeo de presentación de Appvisor
Presentan a primeira aplicación móbil de consultas profesionais
Compartir Este Artigo

