Actualmente Twitter está a servir de barómetro social grazas ás súas Tendencias (Trending Topics) que poden consultarse de xeito global ou segmentando por zona xeográfica, o que incluso están a aproveitar os medios de comunicación tradicionais para dar a coñecer o que máis se comenta na Rede, pero para os usuarios iso non é tan importante, de aí que agora anuncien que están a mellorar o algoritmo para destacar as Tendencias de xeito que non só discriminará xeograficamente, senón que tamén empregarán a información sobre as persoas ás que cada usuario segue. Teremos así uns Trending Topics personalizados.
As novas listaxes de Tendencias serán as que aparecerán de xeito predeterminado en Twitter.com e nas aplicacións móbiles de Twitter, aínda que tamén será posible consultar as listaxes anteriores para ter información máis xeral.
Twitter amosará Trending Topics á medida de cada usuario
Compartir Este Artigo
