
Aínda que a figura do doutor xaponés Shinya Yamanaka sexa moi relevante (non sería sorprendente que levase un Nobel polas súas investigacións sobre células nai), neste espazo tócanos destacar a persoa de Linus Torvalds, que recibiu o Premio por ter creado o núcleo de Linux, un sistema operativo de código aberto que hoxe en día resulta fundamental para o funcionamento da Internet e de numerosos dispositivos electrónicos, aínda que a importancia de Torvalds está máis no impacto provocado pola súa creación, que contribuíu considerablemente ao desenvolvemento de software de xeito compartido e á filosofía aberta que hoxe impera na web. Tras recibir o Premio Torvalds declarou que “quero agradecer a toda a xente coa que traballei, que contribuíu a facer o proxecto non só un éxito técnico, senón para facelo divertido e interesante”.
Linus Torvalds recibe o Premio Millennium de Tecnoloxía
Compartir Este Artigo

