
A partir do 28 de xuño Terra funcionará en España seguindo o modelo global de medios dixitais presente noutros 18 países, de xeito que teremos unha nova oferta informativa e de lecer que chegará a todas as pantallas conectadas (smartphones, tablets, ordenadores e televisores intelixentes).
Para esta nova andaina de Terra contarase cun equipo de 60 profesionais encabezados polo seu novo director xeral, Yago Castillo, a quen acompañarán o xornalista ourensán Juanjo Amorín na dirección de contidos e Kiko Carasa no departamento comercial.
Entre a oferta de contidos cos que contará Terra cómpre destacar a retransmisións en directo, entre as que destacan o Festival Internacional de Benicàssim (do que poderán verse os seus 3 escenarios simultáneos en alta definición), o Festival Costa del Fuego e os campionatos nacionais de fútbol de Bélxica, Dinamarca e Ucraína.
Para os contidos informativos Terra combinará os de elaboración propia con outros achegados por grandes socios como Reuters, EFE, AP e AFP, buscando consolidarse como un grande medio dixital.
Terra renace en España
Compartir Este Artigo
