A empresa galega experta en tecnoloxía xeográfica Sixtema lanzou en 2010 o servizo ikimap, que recolle máis de 100.000 mapas publicados polos seus usuarios de temáticas moi variadas, como poden ser rutas de sendeirismo, inventarios de puntos negros nas estradas, resultados electorais ou as sedes e estadios dos vindeiros Xogos Olímpicos, e para celebrar este segundo aniversario o servizo lanza unha nova versión da súa web, completamente redeseñada, e que incorporou ferramentas para simplificar a creación e publicación de novos mapas.
Os usuarios dispoñen agora dun perfil dende o que poden xestionar todos os seus mapas, decidir como e onde os publican ou limitar a privacidade dos mesmos ao seu contorno de amigos ou clientes.
Os desenvolvedores de páxinas web e aplicacións móbiles tamén terán máis doado o seu traballo con ikiMap, por contar cunha API, sendo a primeira aplicación en integrarse nesta plataforma OruxMaps, que facilita que os mapas creados dende dispositivos móbiles poidan visualizarse directamente na web a través de ikiMap.
ikiMap celebra o seu 2º aniversario renovando a súa web
Compartir Este Artigo
