Hoxe deuse a coñecer a primeira resolución da Sección Segunda da Comisión da Propiedade Intelectual contra unha páxina web en aplicación da coñecida informalmente como Lei Sinde-Wert, que parte dunha solicitude de AGEDI do 2 de marzo de 2012 contra bajui.com, identificando Sección Segunda como responsable da vulneración de dereitos de propiedade intelectual da obra de Luz Casal Un Ramo de Rosas ao servizo de almacenamento en liña uploaded.com. Pero o máis preocupante do asunto é que o responsable de bajui.com recibiu unha notificación do procedemento pola que se lle obriga a suprimir ou inutilizar a ligazón correspondente en 72 horas engadindo que tal obriga é extensiva a “outras ligazóns presentes e futuros ás mesmas obras obxecto deste procedemento”, ou sexa, que debería manter unha vixilancia constante para detectar e eliminar toda ligazón que apunte á mencionada canción, de xeito que de non facer tal incorrerían nunha infracción moi grave con sanción de entre 150.001 e 600.000 euros (en virtude do artigo 38.2.b da LSSI).
O caso é que como o procedemento abriuse contra uploaded.com e considerouse a bajui.com un mero intermediario, a páxina web española queda indefensa contra o procedemento, sen poder presentar alegacións.
Cómpre destacar que Juan José Corenel, administrador de bajui.com, conta con outras páxinas de ligazóns a contidos, e xa tivo que facer fronte no pasado a varias causas penais e civís, acordándose o sobresemento no penal e retirándose a demanda no civil (resultando incluso a SGAE sancionada por mala fe procesual), o que contrasta con este caso, non que existe unha clara indefensión segundo manifesta o avogado de Corenel, David Bravo, quen asegura que a resolución da Sección Segundo vai contra a doutrina do Tribunal Supremo e á do Tribunal de Xustiza da Unión Europa, de xeito que a Comisión Sinde sería “máis perigosa do que parecía”.
Preocupación ante a indefensión provocada pola primeira resolución da Comisión Sinde
Compartir Este Artigo
