
As sete producións estatais competirán con outras 62 series, que serán presentadas ante investidores e cadeas de televisión co fin de acelerar o seu financiamento e favorecer a distribución, dentro e fóra da Unión Europea.
As achegas estatais suman un orzamento de 28,8 millóns de euros e un custe medio de 4 millóns. Proceden da nosa terra e de Catalunya, Madrid e Andalucía. Amais de Rascayú (que vén da man de Otiiplanet Group), concorren Family Tales (Little Room Productions); Mause Corp (Genoma Animation); Mica, Mica (Screen 21 e Plural Entertainment); Pico & Paca (Cromosoma); Rudy, the Cloud Boy (Tomavistas e Televisió de Catalunya); e Tube & Victor (Imira Entertainment).
En total, as series escolmadas xuntan 422 de animación e teñen un orzamento global de 231,8 millóns de euros, un 3% máis ca na edición anterior. Malia todo, e en contra do que se pode pensar, a crise apercíbese claramente. “Malia este aumento do investimento”, informa a organización do Cartoon Forum, “a metade dos proxectos escolmados teñen un presuposto por baixo dos 3 millóns de euros e unha media de 9.154 de euros de custe de produción por minuto”.
Cartoon Forum salienta a calidade das achegas de animación estatais, incluída a galega Rascayú
Compartir Este Artigo
