A compañía galega Ozona Consulting, especializada en proxectos de consultoría de procesos ITIL e ISO 20.000, participará o vindeiro día 27 no evento TIL: experiencias en la industria y estándares en el Gobierno… ¿quién dijo que no se puede?, sesión organizada polo itSMF LIG MX no Teatro Moisés Calleja de México DF. Será o director de Ozona, Diego Berea, quen se encargue de participar neste evento, como xa fixo durante o ano pasado en Monterrey e na Cidade de México, o que podemos considerar como un recoñecemento á traxectoria empresarial de Ozona ao presentar a súa experiencia a nivel internacional.

Ozona compartirá cos asistentes unha análise sobre 10 proxectos desenvolvidos en compañías españolas e portuguesas como grandes corporacións do sector industria, administración pública e PEME. Así mesmo, mostrarase a integración da norma ISO/IEC 20000:2011 con outros estándares e o seu aliñamento coas boas prácticas de ITIL.
Ozona amosará a súa experiencia en proxectos ITIL e ISO 20.000 en México
Compartir Este Artigo
