A empresa galega Cie Tecnologías, con sede en Arteixo, vai ser a encargada de executar o data center de respaldo da Universidade de Santiago de Compostela, que se atopa situado no edificio CITIUS.
Neste proxecto, a USC contará coas solucións de fabricantes líderes no mercado en equipamento tecnolóxico para centros de datos, entre os que podemos destacar APC by Schneider Electric, Pelco, Nexans… Desta maneira, a entidade académica pasará a dispoñer dun Intelligent Data Center co que monitorizar tódalas súas infraestruturas de rede, equipamento eléctrico, equipos de climatización, control de accesos, CCTV…
Todo isto, en palabras do persoal da compañía, “minimizará os recursos asignados á xestión do data center, optimizando a xestión do mesmo de tal forma que se eviten posibles interrupcións do servizo”, asemade, esta tecnoloxía permitirá mellorar a eficiencia enerxética, “e obter un alto ROI sobre o investimento realizado”, engaden.
Dende Cie Tecnologías aseguran contar con casos de éxito implantados recentemente noutros proxectos de data centers, “tanto para clientes do sector público como privado”, afirman, entre os que destacan Disashop, Esco Espansión, Caramelo e as Universidades da Coruña e de Vigo, entre outras entidades.
A galega CIE Tecnologías escollida para executar o data center da USC
Compartir Este Artigo
