
Na súa intervención, a directora xeral de Comercio recordou que “o impulso á modernización e dinamización do pequeno comercio é un dos eixos estratéxicos da actuación de Consellería de Economía e Industria” e lembrou que o departamento que dirixe Javier Guerra “ten en marcha un plan integral onde se plasma a estratexia comercial da Xunta: o Plan Ágora- Agora Re-comercia”.
Nava Castro animou aos comerciantes que acudiron á reunión celebrada no centro cultural Manuel Lamazares a sumarse a esta iniciativa, porque, indicou, “por unha banda posibilitará que se abran a novos mercados, e ao mesmo tempo permitiralles aumentar os servizos que ofrecen á clientela que xa confía neles no día a día”.
O novo portal electrónico que hoxe se presentou en Rodeiro serve de escaparate conxunto do sector para a venda a través de internet, e ofrece servizos de envío e de pagos unificados, así como vantaxes como a venda por lotes. Ademais, os clientes poden mercar en distintas tendas cunha soa transacción económica.
Animan aos comerciantes do Deza a vender os seus produtos a través de comerciogalicia.es
Compartir Este Artigo
