Cando parecía que Google tiña dominado o sector dos mapas na Rede, chega Microsoft e anuncia que vén de engadir 165 Tbytes de imaxes aéreas (incluíndo imaxes de satélite e ortofotografías) a Bing Maps, o que supón unha importante achega de contidos (o tamaño actual das imaxes aéreas sumaba un total de 129 Tbytes). Esta actualización supón que as vistas aéreas de boa parte do mundo a través do servizo de mapas de Bing están máis actualizadas que a través de Google Maps, algo que non acontece se accedemos aos mesmos mapas coa vista de paxaro (que continúa coas imaxes da anterior grande actualización).
Os espazos fotografados que se engaden a Bing Maps ocupan preto de 38 millóns de quilómetros cadrados, e son bastantes as zonas de España recollidas. As actualizacións galegas parecen ser do mes de maio, mentres que outras zonas do Estado terían imaxes incluso deste mesmo mes.
Bing actualiza as vistas aéreas dos seus mapas
Compartir Este Artigo
