Os que non estean satisfeitos co navegador web que inclúe de serie o seu móbil con Android, dende Mozilla están a mellorar a súa aplicación alternativa, e o Firefox para Android apunta maneiras para converterse nun navegador solvente en dispositivos móbiles, que con esta última revisión experimentou unha impresionante mellora de velocidade, superando significativamente a moitos dos seus competidores. Amais, o uso de Firefox no móbil permite gozar da sincronización do historial, os favoritos, os contrasinais e os datos que introducimos nos formularios con versións do Firefox para outros dispositivos (ordenador incluído), á vez que tamén conta con navegación por fichas e unha nova páxina de inicio personalizada que axiliza a navegación na web dende o móbil.
Firefox para Android tamén soporta o Flash Player, para que certos contidos interactivos da web tamén estean dispoñibles dende o móbil. Podemos descargar a aplicación de balde dende Google Play.
Firefox para Android mellora a súa velocidade e incorpora Flash Player
Compartir Este Artigo

