O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, inauguraron hoxe en Beade a nova aula CeMIT da Mancomunidade do Ribeiro. No acto estiveron presentes tamén os alcaldes da Mancomunidade do Ribeiro e os eu presidente, Francisco José Fernández, o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e o alcalde de Verín Juan Manuel Jiménez, quen a través de videoconferencia desde a aula CeMIT do seu concello deu a benvida ao centro.

Os máis de 6.000 habitantes da Mancomunidade do Ribeiro, integrada polos concellos de Arnoia, Beade, Cenlle,Cortegada e Leiro, teñen neste centro a posibilidade de acceder de balde ás novas tecnoloxías e coñecer as súas vantaxes e aplicacións.
A Mancomunidade do Ribeiro estrea aula CeMIT
Compartir Este Artigo
