A Xunta de Galicia e o Goberno central veñen de celebrar por primeira vez unha reunión da Comisión Bilateral de Cooperación mediante videoconferencia, para tratar temas de turismo, patrimonio e do sector eólico.
No seo destas Comisións Bilaterais, tanto Xunta coma Estado coordinan no exercicio das súas respectivas competencias a resolución dos posibles conflitos expostos por calquera das dúas partes, no eido legal, coma é neste caso, leis e Reais Decretos que son interpretados pola outra parte como que vulneran a distribución de competencias entre a comunidade galega e o Estado, buscando as medidas para a resolución dos conflitos suscitados. Por primeira vez teñen lugar a través do sistema de videoconferencia, supoñendo un importante aforro de custes nos desprazamentos dos participantes.

Por parte do Estado, participaron na Comisión Bilateral o director xeral de coordinación de competencias coas CC.AA e as Entidades Locais do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, Jaime Parrondo: o subdirector xeral de réxime xurídico, Gonzalo Díaz; o vicesecretario xeral técnico do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, Salvador Robles, o subdirector xeral de enerxía eléctrica, Santiago Carabantes, e a secretaria xeral do Ministerio de Xustiza, Mireia Corredor.
Xunta e Estado optan pola videoconferencia como medida de aforro para as súas xuntanzas bilaterais
Compartir Este Artigo
