
Temos así que o que antes podería entenderse como unha empresa tecnolóxica, agora é unha compañía de contidos que chega como alternativa aos medios tradicionais e buscando un lugar no menú dos usuarios españois que teñen agora un novo espazo no que a información de actualidade, seguimento de eventos, blogs e vídeo combinarán dun xeito que pretenden callar na poboación, para o que pode axudar que o feito de que este ano permitirá facer un seguimento en vivo dos 3 escenarios simultáneos do Festival Internacional de Benicàssim.
Cómpre destacar que o director de contidos do novo Terra será o ourensán Juanjo Amorín, quen xa dirixira o portal entre os anos 2003 e 2006, e que ten cumprida experiencia en medios dixitais, fundando en 1998 a empresa Vínculo Media, S.L., dirixindo máis de ano e medio a xerencia de 20minutos.es, participando na fundación da arxentina A Cuatro Bandas Media e Kedin.es e incluso impartindo clase de Medios de Comunicación-Social Media no IE Business School. Tamén é director xeral da Asociación Española de Medios de Comunicación Online (MediosOn).
Bota a andar o novo Terra.es
Compartir Este Artigo
