O primeiro día de conferencias do Google I/O serviu para anunciar hardware da compañía de Mountain View, e o segundo día centrouse no software e na nube, aproveitándose a ocasión para estrear globalmente a versión móbil do navegador web Chrome, que deixa de estar en fase de probas para Android e sorprendentemente tamén está dispoñible para iPhone, iPod Touch e iPad, o que permite levar a experiencia á que estamos afeitos no ordenador a outros dispositivos, o que resulta especialmente práctico polo feito de que tirará proveito da sincronización co restos dos nosos navegadores Chrome (compartindo contrasinais, favoritos, historial…) o que axiliza o uso da web de xeito significativo.
No tocante á nube, Google tamén avanza nesta dirección e potencia Google Drive, solución que permite gardar documentos na web dun xeito semellante a como fai Dropbox, no que pode entenderse como unha evolución de Google Docs, servizo que, por outra banda, agora tamén pode editar documentos cando non contemos con conexión á Rede. Google Drive está agora perfectamente integrado, e tamén estrea versión para iOS (estando xa dispoñible para Windows, Mac OS X e Android).
Con estas novidades temos unha integración cada vez mellor dos produtos e servizos de Google, de xeito que podemos empregalos con independencia dos dispositivo co que nos conectemos á Rede, potenciando a nosa migración á nube.
As posibilidades multi-dispositivo de Google Chrome vistas en vídeo
Google Chrome unifica a experiencia web estando dispoñible en máis dispositivos
Compartir Este Artigo

