Yoigo vén de anunciar un acordo con Spotify para ofrecerlles a versión Premium deste servizo de música en liña aos seus clientes, durante tres meses e a partir do 1 de xullo. A oferta, dispoñible para clientes de contrato que teñan tarifa de datos, prolongarase logo destes tres meses de promoción a un prezo de sete euros ao mes, o que segundo apunta a operadora, é un prezo moito máis competitivo que os habituais dez euros que custa ter acceso total ao catálogo en liña de Spotify Premium, probablemente o meirande da Rede.
Os clientes que activen o devandito, a través da web de Yoigo, poderán dalo de baixo cando queiran, pois non esixe permanencia. Ademais, para aquelas persoas que son xa usuarias de Premium ou Unlimited, manteranse as súas listas de reprodución se deciden activar o servizo con Yoigo. Só terán que cancelar a súa conta en Spotify, agardar a que esta sexa Free e logo volvelo activar co operador.
Spotify Premium de balde durante tres meses para clientes de Yoigo
Compartir Este Artigo
