Dentro da operación policial chamada Descargas en la Red que tivo lugar en 2006 detivéronse a numerosos responsables de páxinas web de descargas a través de redes P2P e agora sabemos que os responsables de PCTorrent, acusados por un delito contra a propiedade intelectual naquel momento, veñen de ser absoltos da denuncia presentada contra eles o 20 de outubro de 2005 por considerar o xuíz que non existía na súa actividade delito algún nin prexuízo que incorrese nun ilícito civil.
Ata o momento coñecíanse moitos casos de arquivos de causas deste tipo na vía penal, pero cada vez son máis as que xorden na vía civil, o que fai que a chamada Lei Sinde-Wert resulte aínda máis controvertida, pois permite que pola vía administrativa poida realizarse unha actuación que pola vía xudicial non parece axustarse á lexislación sobre propiedade intelectual e outras normativas relativas á Internet (que consideran que os prestadores de servizo de intermediación non son responsables das actividades dos seus usuarios).
O caso Descargas en la Red afectaba a PCTorrent, Indicedonkey, Naiadadonkey, Emule24horas e PS2rip.net, quedando actualmente só o último denunciado pendente de resolución xudicial.
Tras 6 anos absolven aos responsables de PCTorrent
Compartir Este Artigo
