
A resolución vén orixinada por unha denuncia de Oracle contra a empresa xermana UsedSoft, que comercializa licenzas xa usadas que adquiren os clientes do denunciante, de xeito que os clientes de UsedSoft descargarían as súas aplicacións coa licenza adquirida dende os propios servidores de Oracle. A causa xudicial chegou ao Tribunal Supremo Federal de Alemania, que pediu ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea que interpretase neste contexto a Directiva relativa á protección xurídica de programas de ordenador, o que entendeuse como que o propietario dos dereitos de distribución dunha copia de software non pode invocar o seu monopolio de explotación para oporse á revenda da copia, o que o texto recollía para material en soportes físicos, pero que o Tribunal entende que debe aplicarse tamén a contidos descargables (segundo podemos ler no comunicado de prensa correspondente, en formato PDF).
Esta interpretación da Directiva pode resultar moi polémica, pois moitas compañías (tanto de aplicacións informáticas como de videoxogos) teñen o seu modelo de negocio centrado na asociación de usuarios con licenzas dos seus produtos, impedindo a transferencia de software entre distintas contas de usuario, o que farían inviable a súa venda de segunda man e podería ir contra a lexislación comunitaria.
Confirman a legalidade da venda de software de segunda man en Europa
Compartir Este Artigo
