
O convenio permitirá, entre outras cousas, a dixitalización dos fondos e o achegamento do patrimonio da Fundación á cidadanía galega. O legado da entidade que leva o nome do pintor surrealista galego ficará deste xeito accesible para toda a sociedade e poda ser estudado por calquera cidadán a través de Galiciana, a Biblioteca Dixital de Galicia.
O proceso afectará a un total de 3.602 rexistros e 1.380 imaxes. Entre estes fondos inclúense a catalogación analítica e dixitalización, para a súa conservación, de artigos de prensa escritos por Eugenio Granell entre os anos 1940 e 1994. A maioría destes artigos publicáronse en xornais como La Nación de Santo Domingo (República Dominicana), España Libre (Nova York) e Diario 16. Aproximadamente son 580 artigos e 580 imaxes.
O convenio tamén inclúe a catalogación e dixitalización, para conservación dos orixinais, da correspondencia enviada e recibida por Eugenio Granell con personalidades como Miguel Abalo, Juan Andrade, Víctor Alba, Mauricio Amster, Jordi Arquer i Saltor, Pedro Bonet, Jose Capdevila, Francisco del Cabo, Costa-Amic, Forgás, Andres Garcia de la Riva, Julian Gorkin, Ignacio Iglesias, Agustín Lafuente, Mary Low Machado, Joaquín Maurin y Jeanne, Lino Moulines, Narcis Molins i Fabrega, Jordi Planes, Victor Serge e Wilebaldo Solano entre outros. Dixitalizaranse aproximadamente arredor de 400 cartas e 800 imaxes dun total de 22 rexistros. Asemade, esta previsto catalogar unha parte da biblioteca persoal de Eugenio Granell, concretamente a de temática surrealista e política, onde se inclúen un total de 3.000 rexistros.
Un acordo entre Cultura e a Fundación Eugenio Granell permitirá a dixitalización dos fondos desta entidade
Compartir Este Artigo
