
O ámbito de investigación da minería de opinións, sinala a Universidade da Coruña, é un eido que avalía o tipo de valoracións que predominan nun texto específico. Este ámbito de traballo xera cada vez máis interese, en parte porque o seu estudo achega bases de coñecemento útiles para as empresas (que buscarán adaptarse no posible aos devezos e arelas dos seus clientes) e para toda aquela persoa ou entidade que desexe facer estudos previos de audiencia ou mercado. A xornada, que comezará a partir das 10.00 horas, contará coa participación de Xosé Ramón Pichel, de Imaxin, que falará sobre COATI, o prototipo de reputación en liña multilingüe para blogs para os idiomas galego/portugués e español. Tamén participarán na sesión de mañá Enrique Torrejón, de Bitext, que avaliará NaturalOpinions e incidirá na análise de opinión en Twitter, e Francisco Rangel, de Autoritas, para analizar os Retos da Escoita Activa, máis alá da análise do sentimento. Na xeira de tarde, Judith Sastre, de Inbenta, ofrecerá unha conferencia titulada Por unha xestión semántica das redes sociais; Ivan Pino, de Llorente & Cuenca, falará sobre Monitorización, Reputación e Redes, e Diego Cobelo, de Classora, debullará o significado da Web semántica e bases de coñecemento: recursos para mellorar a análise de contidos.
RELISCO e unha boa representación dos nosos expertos TIC avaliarán este luns o potencial da opinión en liña
Compartir Este Artigo
