A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo vai organizar na recta final do verán unha actividade formativa dirixida a capacitarnos en desenvolvemento e mantemento de novas aplicacións para o sistema operativo de Apple (iPhone, iPod e iPad), na súa versión actual, a versión 5. Falamos do curso Iniciación á programación de dispositivos IOS5, que se vai celebrar na Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI) entre o 3 e o 20 de setembro.
Este curso, informa a Escola, está destinado a estudantes universitarios, programadores e deseñadores interesados en desenvolver aplicacións para o dito sistema operativo. A finalidade do mesmo é dar a coñecer a metodoloxía de desenvolvemento de aplicacións para os dispositivos de Apple baixo IOS5. Trátase dun nivel medio-avanzado de programación, por tanto requírese experiencia previa no campo, sobre todo a nivel de coñecementos de programación en Java, C e/ou C++.
O número máximo de participantes neste curso formativo é de 40, cun mínimo de 32. A preinscrición está aberta ata o 31 de agosto de 2012. En Bubela dan acubillo a todo tipo de información sobre as condicións de acceso da actividade, os criterios de escolma e avaliación, o programa e as condicións para a inscrición.
A Escola de Enxeñaría Industrial organiza a finais de verán un curso para iniciarnos en iOS
Compartir Este Artigo
