
A visita realízase a través de imaxes inmersivas e esféricas, o que posibilita ao visitante internarse en todas as estancias da catedral: capelas, retablos, facer xiros, e enfocar detalles para apreciar os elementos construtivos destes monumentos.
A través da web de Turgalicia, o visitante que entre neste apartado poderá elixir unha catedral para interactuar, movéndose en calquera dirección, facer achegamentos (zoom), xiros ou pararse nos detalles. O movemento automático, a visión a pantalla completa e o son ambiente son outras das características que sorprenderán ao visitante.
Experiencias turísticas
A inclusión deste novo servizo virtual na páxina web do Turismo de Galicia, obedece á estratexia de implantación da nova marca turística da Comunidade galega, Galicia, gárdasme o segredo?, na que se aposta por achegar aos potenciais clientes turísticos de Galicia un marco de experiencias turísticas que faga máis atractiva a presentación da oferta turística galega. “Deste xeito, a Xunta xa desenvolveu unha experiencia semellante a esta da catedrais cos mosteiros galegos, que desde o pasado ano se poden visitar virtualmente desde a mesma web de Turgalicia”, informan fontes deste departamento.
Turgalicia abre virtualmente as portas das nosas cinco catedrais
Compartir Este Artigo
