
O certame do que estamos a falar vén da man da Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas en colaboración coa Asociación local de Empresarios e Promoción Turística. O seu obxectivo é duplo: dinamizar o turismo da zona e, tamén, o uso das redes e os novos trebellos da comunicación. De feito, os móbiles dos potenciais participantes serán os piares fundamentais da proposta: a través deles, ou das cámaras de fotos, irase materializando o miolo do concurso. As imaxes, sinala a organización, non teñen porqué ser actuais, e poden proceder de calquera recanto do concello coruñés. O prazo para participar xa está aberto, e remate o domingo 30 de setembro. Calquera persoa pode participar na actividade, de calquera nacionalidade e idade.
Camariñas organiza un concurso fotográfico botando man do Instagram e o Facebook
Compartir Este Artigo
