Ante a presentación do Office 2013 efectuada por Microsoft esta mesma semana xurdiu a dúbida de se a nova suite ofimática chegaría tamén a equipos con Mac OS X ou adiaríase un ano como vén a ser tradición (lembremos que mentres para Windows temos Office 2010, en Mac está o Office 2011), e a compañía de Redmond confirmou que a súa intención é que xunto co lanzamento do Office 2013 para Windows 7/8 actualicen o Office 2011 para Mac incorporando soporte de almacenamento na nube baseado en SkyDrive.
Polo momento non se anunciou cal será a vindeira versión de Office para Mac, pero parece bastante razoable pensar que a liña que tomou Office 2013 non é a máis atinada para seguir dende equipos de Apple, nos que non hai previsión de incorporar pantallas táctiles, aínda que non podemos esquecer o rumor de que Microsoft podería estar a preparar unha versión do seu Office para iPad, de xeito que nos vindeiros meses poderíamos levar máis dunha sorpresa ao respecto.
Office 2011 para Mac permitirá gardar ficheiros en SkyDrive
Compartir Este Artigo

