
Xunto a Cebreiros, que como lembraremos tamén é presidente de CONETIC, rubricaron o documento Miguel Briasco (AMIITEL), Fernando Huerva (AVITEL), Antonio Mateos (presidente de FENITEL), Joaquín Garrido (ESTIC) e Vicente Alciturri (ASCENTIC). En virtude desta nova iniciativa, SPORA, e xuntando as empresas agrupadas en CONETIC (Confederación Española de Empresas de Tecnoloxías da Información, Comunicacións e Electrónica) e FENITEL (Federación Nacional de Asociacións de Instaladores e Integradores de Telecomunicacións), estariamos a falar dunha alianza integrada por 3.000 empresas do sector, achegando ao mercado laboral español máis de 85.000 postos de traballo directos. Con todo, o obxectivo é o de ir aglutinando aínda máis forzas.
Nun plano detallado, o novo consello nace aberto á incorporación de novas entidades sectoriais do tecido produtivo TIC, co fin de traballar de xeito conxunto no pulo social das telecomunicacións, os contidos dixitais e o progreso do sector, “poñendo en valor a achega das pequenas e medianas empresas no desenvolvemento económico e social de España”, sinalaron as organizacións. Xuntas, ao acubillo de SPORA, actuarán tamén como interlocutoras sectoriais perante as institucións e as organizacións públicas e privadas do país, “traballando intensamente para a difusión da Sociedade da Información entre a cidadanía e empresas de calquera eido produtivo así como para o emprego responsable de Internet e o acceso xeralizado aos seus servizos”. E todo isto, sinalaron, garantindo a propia identidade e independencia das dúas organizacións devanditas, CONETIC e FENITEL.
O sector das TIC constitúe SPORA, a aposta en común para transmitir a voz das empresas
Compartir Este Artigo
