
Precisamente un dos obxectivos do acordo establecido este venres 20 de xullo é favorecer un escenario de diálogo encamiñado a suprimir os devanditos atrancos. De feito, AMTEGA comprometeuse a facilitar a interlocución con aquelas administracións coas competencias de autorización precisas para que Telefónica poida levar a cabo as intervencións requiridas. Pola súa banda, a operadora seguirá cos traballos para mellorar a calidade da cobertura en puntos das principais vías de comunicación e cidades galegas, que se irán fixando nas sucesivas comisións de seguimento do convenio.
Un dos emprazamentos onde xa se mellorou a calidade do sinal, engadiron Pereira e Alonso, é na zona de Muíños, entre Teo e Padrón, tras a ampliación da infraestrutura dunha estación base situada neste área. Igualmente, dixeron, optimizouse a cobertura na Autoestrada Central Galega (AP-53) Santiago- Dozón, máis polo miúdo nas zonas de Marzán (Vedra) e Valboa (no límite provincial entre Coruña e Pontevedra).
Polo que respecta ás áreas urbanas, dicir que se fixeron traballos de mellora no túnel de María Pita da Coruña e, en Compostela, nos túneles da Avenida de Lugo e Romero Donallo (onde non se dispuña de cobertura). Polo que atinxe á estrada soterrada de Beiramar, en Vigo, dicir que presenta unha serie de dificultades extra que a operadora está tentando solucionar arestora, xestionando os permisos precisos para achegar servizo telefónico, especialmente importantes ao ser unha vía de moito tránsito diario.
Accións complementarias no ámbito rural
Mar Pereira, no transcurso do acto de sinatura, recordou que a Xunta está a desenvolver varias medidas para paliar os problemas da cobertura móbil en Galicia. “Así”, dixo, “nas zonas rurais o despregamento de redes 3G dentro do Plan de Banda Larga está a mellorar a calidade da cobertura en 11.000 núcleos de poboación; amais, as actuacións que está a desenvolver o operador público Retegal contribuirán a solucionar o problema ao poñer as súas infraestruturas á disposición dos operadores”.
Telefónica anuncia novas melloras de cobertura móbil nas nosas principais estradas e cidades
Compartir Este Artigo
